
A Alameda compostelán foi o escenario elixido para a exposición de vehículos eléctricos con motivo do Día da Mobilidade eléctrica. Nela participaron varias empresas e concesionarias da cidade.
O concelleiro de Espazos cidadáns, dereito a vivenda e mobilidade Jorge Duarte afirmouse na idea de que “é necesario apostar por novos modelos de mobilidade máis sustentables” e que tamén “é moi necesario poñer por parte de todas as administracións axudas para facilitar o cambio”.
Duarte tamén subliñou que se están estudando as apostas do concello de Santiago para axudas a este tipo de vehículos, como a gratuidade da ORA e a creación de novas prazas de aparcamento en Belvís.
Máis actividades
O programa da semana europea da mobilidade contará con máis actividades. Mañá Venres haberá un roteiro a pé que sairá da Praza 8 de Marzo as 20:00 horas. O Xoves 4 celebraráse unha charla debate coa arquitecta María Novas na casa das mulleres a partir das 19:30 horas, e no mesmo espazo e na mesma hora será o turno da Concelleira Marta Lois cunha nova charla.
A semana da mobilidade pecharáse o Mércores día 10 coa proxección da película Exipcia de Mohamed Diab “O Cairo 678”, no museo das Peregrinacións as 20:00 horas