Martiño Noriega confirma que optará á reelección como alcalde de Santiago

O actual alcalde da cidade acaba de comunicar na Asemblea Xeral de Compostela Aberta a súa disposición a repetir como candidato á alcaldía

Remata xa a intriga e os ruxeruxes no Pazo de Raxoi. Martiño Noriega volverá a optar á alcaldía se así o deciden as bases de Compostela Aberta. Como era previsible, a cabeza máis visible de CA, acaba de anunciar a súa disposición para optar á reelección tras un longo proceso de reflexión que o propio Noriega quixo alongar durante os últimos meses.

Internamente, Compostela Aberta encara agora un proceso con moi boas expectativas de cara o vindeiro ano electoral e, tal e como teñen manifestado ao longo dos últimos meses, inciden na idea de que o seu espazo está “consolidado” e que chegaron a cidade “para quedarse”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
Noriega comunicou na asemblea xeral de Compostela Aberta a súa decisión

Aos seus 43 anos de idade, Noriega aspira a recuncar na alcaldía da capital do país e repetir os exitosos resultados electorais do 2015 cando a candidatura de “unidade popular” conseguira ser a máis votada.

Deste xeito, trala escolla de Goretti Sanmartín como candidata do BNG e a de Agustín Hernández como líder do PP, a decisión de Noriega amosa xa un panorama electoral máis definido de cara a convocatoria electoral de maio de 2019 á espera do proceso interno no que está inmerso o PSdeG.

Proceso interno de Compostela Aberta: as primarias

Agora, deberá pasar un novo proceso interno no seo de Compostela Aberta para a escolla da cabeza de lista e do conxunto da candidatura que aspira, en maio de 2019, a continuar gobernando no Concello de Santiago.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -