A 38 edición da Feira do Libro, que leva por lema este ano “Máis que palabras”, contará cunha ducia de expositores na Alameda e diversas actividades paralelas que teñen por tema central a arte e a natureza.
Dolores Puerta, da Federación de Librarías de Galicia, explica que “o importante é estar na rúa, levar os libros á rúa“, xa que o principal obxectivo desta feira é fomentar a lectura. A música tamén terá unha presenza importante xa que ao longo da semana haberá diversos concertos coma o de Xoán Curiel, Oviravai ou Magín Blanco.
Unha das novidades deste ano é que haberá actividades en linguaxe de signos. Anos atrás xa se fixera algún obradoiro en braile, por exemplo, e o que se pretende con isto é integrar as outras linguaxe na sociedade.
As crianzas tamén terán o seu espazo nesta Feira do Libro, xa que haberá actividades infantís todas as tardes.