Home Programas Área Compostela Martiño Noriega fala de “tolerancia cero” ante o policía local detido por presuntas mordidas

Martiño Noriega fala de “tolerancia cero” ante o policía local detido por presuntas mordidas

0
Martiño Noriega fala de “tolerancia cero” ante o policía local detido por presuntas mordidas

Martiño Noriega explica que tivo constancia hai un ano do caso do policía investigado e que a raíz diso iniciouse un expediente reservado. Foi iso o que desencadeou a acción de onte, a detención do policía local acusado de pedir cartos a cambio de facer informes favorables para obter licencias, legalizar obras ou non abrir expedientes sancionadores.

Noriega, en nome do Concello de Santiago, di que ante isto hai que ter “tolerancia cero” e que “hai que actuar de maneira seria e contundente”.

En relación á policía local, Martiño Noriega tamén se pronuncia sobre a situación das protestas do sindicato da policía en Santiago. O alcalde di que non se poden atribuír as queixas a todo o corpo da policía local, senón que son protestas dunha parte dese corpo.