O equipo de Nós Televisión informaremos das eleccións a través da nosa páxina web e as redes sociais dende unha perspectiva diferente. Como repercuten estas eleccións nas vidas das persoas? Contaremos con diferentes voces do movemento sindical, feminista, cultural e medioambiental, entre outros, para achegar o mellor que poidamos as posibles repercusións destes comicios.

- Publicidade -

Información electoral
A votación comezará este 28 de abril ás 9.00 horas da mañá para finalizar ás 20 horas da tarde, momento no que a presidencia da mesa electoral anunciará a fin da emisión de votos. Tralo peche dos colexios electorais, producirase o reconto de votos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego