Home Programas Espazo Aberto A experiencia avala o traballo de historiadores da arte en series de televisión, películas e videoxogos

A experiencia avala o traballo de historiadores da arte en series de televisión, películas e videoxogos

0
A experiencia avala o traballo de historiadores da arte en series de televisión, películas e videoxogos
Marta Cendón, David Chao e Javier Castiñeiras (IC)

Cando vemos unha serie de televisión ou unha película, memso cando xogamos desde a nosa casa cun videoxogo moitas veces non sabemos o traballo de documentación que hai detrás. Se falamos de recrear períodos históricos e buscarmos sentirnos dentro da historia nada mellor que contar cun especialista. Esta é a idea que estudaron Marta Cendón, David Chao e Javier Castiñeiras, do Departamento de Historia da Arte da UCS, cando prepararon a súa investigación “A historia no ámbito educativo”.

“O papel do historiador da arte resulta transcendental á hora de elaborar este tipo de produtos culturais nos que o Medievo é o marco elixido para a trama. Corresponde a esta disciplina o labor de xerar universos verosímiles, xa sexan reais ou imaxinados”, explica Javier Castiñeiras. E a maior parte das veces non é así.

Os investigadores galegos salientan que hoxe en día, de maneira xeral, non se conta con historiadores nin historiadores da arte á hora de desenvolver estes productos culturais. Hai excepcións. Temos aí filmes como O nome da rosa ou Excalibur e videoxogos como Bloodborne ou a saga Assasins Creed, nos que si se contou cos estes profesionais como asesores fundamentais no proceso de creación destes contidos audiovisuais.

Introducir a tecnoloxía nas aulas é outra das propostas deste grupo de investigación. Os investigadores sinalan a necesidade de mellorar a docencia centrada na Historia en xeral e na Historia da Idade Media en particular, aproveitando os novos medios técnicos que existen na actualidade, como é o caso das recreacións históricas e arqueolóxicas en 3D, que aportan unha gran fiabilidade. “Serían de grande utilidade nas aulas, tanto en educación primaria e secundaria como na propia universidade”, afirma Castiñeiras.