O cobro da taxa polo saneamento en Ferrol segue a ser tema de actualidade. Varios integrantes da Plataforma en Defensa dos servizos públicos, pola Remunicipalización, a título individual, presentaron unha denuncia contra o rexidor e contra Emafesa, polo suposto cobro dunha taxa de saneamento maior ao custe real do servizo. O alcalde contestou hoxe en rolda de prensa a esta cuestión. “Actúamos sempre con responsabilidade, atendendo aos informes preceptivos dos habilitados nacionais e na defensa dos intereses da veciñanza”, explicou Jorge Suárez.
O alcalde foi máis alá e dixo estar “convencido de que o tempo porá a cada quen no seu lugar e coido que, o que están a facer é indigno, e hai límites que non se deberan pasar nunca, que agora se superaron amplamente, e que non tiveron precedentes na historia desta cidade”.
Jorge Suárez lembrou que todas as denuncias previas desta Plataforma sobre este tema foron arquivadas. “É unha denuncia de marcado contido político que lle fai o xogo a dereita e busca danar a este Goberno, nun intento fallido de destruílo política e anímicamente”.