Home Programas Espazo Aberto A Deputación de Pontevedra concederá 500.000 euros a máis de 100 entidades sociais

A Deputación de Pontevedra concederá 500.000 euros a máis de 100 entidades sociais

0
A Deputación de Pontevedra concederá 500.000 euros a máis de 100 entidades sociais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, presidida por Carmela Silva, aprobou este martes a concesión das subvencións dirixidas á 102 entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude na provincia. En concreto, a institución investirá 499.000 euros no montante destas axudas. Silva explicou que as 102 entidades están radicadas en vinte concellos e as subvencións foron adxudicadas “tendo en conta os principios de igualdade, transparencia, non discriminación e obxectividade”.

Engadiu que as axudas “teñen como obxectivo a realización de proxectos orientados á intervención, asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do benestar de colectivos que estean en especiais circunstancias e que sen dúbida precisan do apoio das administracións para poder ofrecer todos os servizos fundamentais que están a prestar”.