O Concello da Coruña anuncia que pedirá ante a Autoridade Portuaria a habilitación dunha zona de baño delimitada na enseada do Parrote, sempre que non afecte ao marisqueo e fixando como prioridade a seguridade das bañistas. A solicitude do goberno local coruñés dáse despois de que a Comisión Especial do Bordo Litoral aprobase por unanimidade esta iniciativa impulsada polo milleiro de sinaturas que presentaron dúas veciñas. A prohibición do baño no Parrote adoptárase nunha comisión técnica mixta para o seguimento do bordo litoral celebrada en abril e que se materializou o pasado mes de xullo cando se colocaron os sinais de prohibido o baño.
Como será a zona do baño no Parrote?
O Concello pretende balizar a zona reservada ao baño, instalar postos de socorrismo e analizar periodicamente as augas para garantir que son aptas para o baño. Doutra banda, a comisión tamén analizou a proposta de levar a cabo unha iniciativa similar á do Porto de Valencia, aínda que as condicións non son idénticas, xa que no caso de Valencia se trata máis dun piscina urbana e non se efectúan labores de marisqueo.