
Trala exitosa presentación en Compostela do documental producido por Tingaralanga para Nós Televisión, o conflito mineiro aberto en Touro e O Pino viaxa ata A Coruña.
O vindeiro luns, 2 de abril, o Fórum Metropolitano da Coruña acollerá de balde a presentación do documental desde as 19:30h dentro do ciclo CINE DE BARRIO que organiza a AAVV Oza Gaiteira-OsCastros.
A Ameaza do cobre é un documental dirixido polo xornalista e cineasta Xosé Bocixa e que recolle numerosas testemuñas do conflito polo megaproxecto industrial que pretende reabrir as vellas minas de cobre en Touro e O Pino.
A ameaza do cobre. Presentamos un adianto do documental sobre a mina de Touro que presentaremos este mesmo mércores en Compostela pic.twitter.com/VfF3TRVfI2
— Nós Televisión (@NosTelevision) 11 de marzo de 2018
Do mesmo xeito que sucedeu en Compostela, haberá tamén un coloquio con familias afectadas polo proxecto mineiro así como tamén coa presenza do director do documental, Xosé Bocixa.