Home Rede Galega de Videoblogues Marcos Maceira O galego, totalmente excluído da programación televisiva infantil

O galego, totalmente excluído da programación televisiva infantil

0
O galego, totalmente excluído da programación televisiva infantil
Preme na imaxe para ver o informe completo

Tan só o 4’6% da programación infantil diaria é en galego. Así de contundente se amosou A Mesa pola Normalización Lingüística a pasada semana na presentación do informe “Situación da lingua galega na programación televisiva infantil” elaborado polo Observatorio de Dereitos Lingüísticos.

Hoxe o Presidente desta entidade achéganos os datos máis relevantes do informe así como as principais esixencias da Mesa para paliar esta situación.

Non pode ser que as nosas crianzas non poidan ver debuxos animados na súa lingua