Home Programas Área Compostela A carreira nocturna Sant YaGo10K reserva 50 dorsais para peregrinos e peregrinas

A carreira nocturna Sant YaGo10K reserva 50 dorsais para peregrinos e peregrinas

0
A carreira nocturna Sant YaGo10K reserva 50 dorsais para peregrinos e peregrinas

Por segundo ano consecutivo, o Concello organiza a carreira popular nocturna SantYaGo10K Peregrina, unha proba que se celebrará o sábado 28 de abril e permitirá percorrer as rúas do casco histórico compostelán. Se en 2017 participaron 25 peregrinas e peregrinos que durante eses días remataron o Camiño, desta volta reservarase o dobre de dorsais para que poidan sumarse á competición.

Así e todo, esta será unha edición moi especial, xa que a carreira inclúese no I Circuíto de Cidades Patrimonio da Humanidade, un itinerario creado para conmemorar o 25 aniversario da declaración oficial deste grupo que compoñen 15 cidades de todo o Estado. A de Compostela será a séptima cita, logo de que Segovia iniciase o percorrido en febreiro.

Inscrición até o 22 de abril

A inscrición nesta proba, homologada pola RFEA, terá un custo de sete euros até o 15 de abril e de quince euros nun segundo prazo, até o 22 de abril. Pola súa banda, os socios e socias do Multiusos Fontes do Sar poderán inscribirse antes do día 23 cun prezo de cinco euros. A organización cómpre que poidan superarse os 2.000 participantes do pasado ano.