Home Programas Área Compostela Compostela retorna aos tempos da II República

Compostela retorna aos tempos da II República

0
Compostela retorna aos tempos da II República

Este sábado, 14 de abril, conmemórase o 87 aniversario da proclamación da II República española, e o Concello tenta pór en valor o patrimonio histórico e cultural que mantén a cidade dende aquela época a través dun roteiro pola “Compostela republicana”.

Amosar os logros da II República

Faremos lembranza do que foi a Compostela dos anos 30

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer tódolos logros a nivel “sanitario, educativo e cultural” acadados durante o mandato republicano. Da man do historiador Alfonso Iglesias, a cidadanía poderá coñecer a Compostela republicana dende diferentes ámbitos coma a vida cotiá naquel intre, a cultura, o ocio, os transportes ou a política.

O roteiro tenta amosar os grandes logros que acadou a cidade durante a II República

Así e todo, o roteiro partirá ás 12.00 horas das estatuas das “Marías” e rematará arredor dunha hora máis tarde na praza do Obradoiro, lugar onde a cidadanía compostelá se sumou á proclamación da República en 1931. A participación é de balde e as prazas son ilimitadas, polo que non é precisa a inscrición previa.