Home Programas Área Compostela Bugallo reforzará os albergues da Igrexa e Noriega acúsao de optar pola “beneficiencia”

Bugallo reforzará os albergues da Igrexa e Noriega acúsao de optar pola “beneficiencia”

0
Bugallo reforzará os albergues da Igrexa e Noriega acúsao de optar pola “beneficiencia”
Albergue Juan XXIII

Cruce de declaracións pola negativa do Concello de Santiago a empregar os fondos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para un centro integral de atención a persoas sen fogar, desenvolvido pola anterior corporación e pendente unicamente da licitación.

Martiño Noriega acusou ao goberno municipal de optar pola “beneficiencia” en lugar de dun “proxecto integral para resolver o problema do ‘senfogarismo’ da cidade”. Bugallo volveu recoñecer a intención de investir nos proxectos de Cáritas na cidade e no Albergue Juan XXIII, da Orden de los Hermanos Menores Franciscanos.

Posible proposta “de inserción social” no Polígono de Tambre

Este centro para as persoas sen fogar faríase no edificio do Centro de Interpretación no Parque de Belvís, en desuso, e ía ser levado a cabo con case un millón de euros de fondos europeos.

O goberno municipal, en palabras do alcalde, desbotou o proxecto anterior por estar “nun parque, lonxe do centro”. Malia que agarda “dúas ou tres propostas” do seu equipo de goberno, recoñece que o que máis lle atrae é “unha proposta vinculada á inserción laboral” que podería situarse no Polígono do Tambre.