Home Programas Espazo Aberto Redondela mobilízase hoxe en contra das casas de apostas

Redondela mobilízase hoxe en contra das casas de apostas

0
Redondela mobilízase hoxe en contra das casas de apostas

Fóra as casas de apostas…de Redondela!‘ é o título baixo o que se organiza unha mobilización veciñal para impedir a apertura dunha casa de apostas na vila de Redondela. A concentración está convocada polas veciñas e veciños ademais das ANPAS de Redondela e colectivos como a Asemblea Feminista Paxaretas que, nas súas redes sociais, piden “a todas e todos que nos acompañedes para berrar ben forte, que non imos permitir que este tipo de locais se instalen na nosa vila”. A concentración terá lugar ás 18 horas na rúa Ernestina Otero á altura do número 47, onde pretenden abrir este negocio.