Bugallo reforzará os albergues da Igrexa e Noriega acúsao de optar pola “beneficiencia”

Polémica pola paralización do centro para persoas sen fogar proxectado en Belvís; Bugallo alega que estaría "moi apartado" do centro da cidade e agarda propostas para decidir o destino dos fondos

Cruce de declaracións pola negativa do Concello de Santiago a empregar os fondos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para un centro integral de atención a persoas sen fogar, desenvolvido pola anterior corporación e pendente unicamente da licitación.

Martiño Noriega acusou ao goberno municipal de optar pola “beneficiencia” en lugar de dun “proxecto integral para resolver o problema do ‘senfogarismo’ da cidade”. Bugallo volveu recoñecer a intención de investir nos proxectos de Cáritas na cidade e no Albergue Juan XXIII, da Orden de los Hermanos Menores Franciscanos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Posible proposta “de inserción social” no Polígono de Tambre

Este centro para as persoas sen fogar faríase no edificio do Centro de Interpretación no Parque de Belvís, en desuso, e ía ser levado a cabo con case un millón de euros de fondos europeos.

O goberno municipal, en palabras do alcalde, desbotou o proxecto anterior por estar “nun parque, lonxe do centro”. Malia que agarda “dúas ou tres propostas” do seu equipo de goberno, recoñece que o que máis lle atrae é “unha proposta vinculada á inserción laboral” que podería situarse no Polígono do Tambre.

 

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -