O reitor da USC, sobre a universidade de Abanca: “Se é para complementar o sistema público, podería ser”

Antonio López Díaz recalcou que a universidade privada debería ser en todo caso, "complementaria" ao sistema público

Xose Antonio Sánchez Bugallo asistiu no Pazo de Fonseca a un acto co reitor da Universidade de Santiago, Antonio López Díaz. Preguntado pola universidade privada que planea Abanca, o reitor lembrou que nos últimos tempos, vén advertindo que hai prazas libres en titulacións “moi demandadas” dentro do sistema público, que “debe ser prioritario”. Segundo López Díaz, a universidade privada debería ser “complementaria” ao sistema público.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O alcalde da cidade, ten claro que o compromiso do concello é coa Universidade de Santiago de Compostela, mais non ve problema ningún no proxecto de Abanca: “Non nos opoñemos a nada.”

A principios de setembro, a Xunta de Galicia publicaba o anteproxecto de lei para o recoñecemento da universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa, solicitada pola entidade Fundación Galicia Obra Social-Afundación, ou o que é o mesmo: Abanca. Esta universidade privada tería sede en Santiago de Compostela.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -