Home Programas Espazo Aberto Metaldeza construirá unha nova planta de refugallos en Gran Bretaña

Metaldeza construirá unha nova planta de refugallos en Gran Bretaña

0
Metaldeza construirá unha nova planta de refugallos en Gran Bretaña

A empresa lalinense Metaldeza vén de asinar un acordo coa UTE UBB para construir unha planta de refugallos sólidos en Gloucester, no condado de Gloucestershire, no Suroeste de Gran Bretaña. A operación supón un contrato de 8,5 millóns de euros pola construción duns edificios que ocuparán unha superficie de 9.200 metros e nos que empregarán 2.500 toneladas de aceiro.

Este novo proxecto de Metaldeza súmase ao que xa conseguirá no 2015 coa firma VINCI na cidade de Nova York. Na nova instalación tívose en conta o impacto visual polo que, para minimizalo, o punto máis alto da instalación será o máis achegado á autoestrada M5, onde o teito terá un pico de 48,5 metros de altura. No seu punto máis amplo, o edificio será de 55 metros, e toda a instalación terá 236 metros de lonxitude.

A instalación creará uns 300 postos de traballo durante a súa construción e 40 empregos cando estea operativa.