Compostela consolídase como “cidade de congresos”: ao longo deste ano celebraranse máis congresos e exposicións ca nunca en períodos de desestacionalización turística. Só entre os seis eventos de maior relevancia, achegaranse á cidade máis de 6000 persoas que investirán na cidade, por termo medio, uns 200 euros por cabeza. Cómpre salientar o Campionato do Mundo de Xadrez infantil, o Prion 2018 ou o EDF Congress.
As e os asistentes aos congresos invisten na cidade preto de 200 euros por persoa
Emporiso, o Concello decidiu impulsar unha axenda dixital na que amosa os datos máis transcendentes de tódolos eventos que se celebran na capital galega. A ferramenta responde a unha “vella demanda do sector” para dar pulo aos congresos e exposicións e pode consultarse nun novo apartado do portal web de Turismo de Santiago.
Semana Santa
Por outra banda, a concelleira de Turismo, Marta Lois, amosou a súa “satisfacción” pola decisión da Xunta de recoñecer a Semana Santa compostelá como Festa de Interese Turístico de Galicia.