Home Programas Área Compostela “Compostela Aberta non considera prioritario o problema do desemprego”

“Compostela Aberta non considera prioritario o problema do desemprego”

0
“Compostela Aberta non considera prioritario o problema do desemprego”

Segundo os datos do primeiro trimestre da EPA —Enquisa de Poboación Activa— presentados na véspera do 1 de maio, a cidade experimenta unha baixada do 10% na poboación activa, sendo a cidade que máis baixa de Galicia. Paco Reyes, voceiro do PSdeG local, apón esta circunstancia ao “desleixo” do grupo de Goberno neste senso.

Un terzo dos parados e paradas son de longa duración

Unha das cifras que máis alarma ao grupo socialista é a de parados de longa duración: 2.745 persoas, o que supón un terzo do total de desempregados e desempregadas. Reyes demanda a Noriega unha maior “transparencia” no tocante ás políticas de emprego desenvolvidas neste tempo pola súa executiva. O PSdeG pide ao Goberno de Compostela Aberta que presente as liquidacións dos orzamentos do pasado exercicio para, deste xeito, coñecer o nivel de execución das partidas reservadas aos devanditos plan de emprego.