“Compostela Aberta non considera prioritario o problema do desemprego”

Paco Reyes, voceiro do grupo municipal socialista, acusa ao Goberno de Noriega de “falta de ambición” no tocante ás políticas de emprego

Segundo os datos do primeiro trimestre da EPA —Enquisa de Poboación Activa— presentados na véspera do 1 de maio, a cidade experimenta unha baixada do 10% na poboación activa, sendo a cidade que máis baixa de Galicia. Paco Reyes, voceiro do PSdeG local, apón esta circunstancia ao “desleixo” do grupo de Goberno neste senso.

Un terzo dos parados e paradas son de longa duración

Unha das cifras que máis alarma ao grupo socialista é a de parados de longa duración: 2.745 persoas, o que supón un terzo do total de desempregados e desempregadas. Reyes demanda a Noriega unha maior “transparencia” no tocante ás políticas de emprego desenvolvidas neste tempo pola súa executiva. O PSdeG pide ao Goberno de Compostela Aberta que presente as liquidacións dos orzamentos do pasado exercicio para, deste xeito, coñecer o nivel de execución das partidas reservadas aos devanditos plan de emprego.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -