Ante unha alta presenza de seguranza privada, trascorre agora mesmo unha visita guiada de eurodeputados ao Pazo de Meirás. A delegación, encabezada por Ana Miranda (BNG) pretende verificar a apoloxía do fascismo que ten lugar no Pazo de Meirás así como tamén axudar á “devolución do pazo ao pobo galego”.
Xa avisei en varias ocasións, non se poden sacar fotos. Que todo o mundo garde os móbiles. Aquí hai que ter un respecto pola familia Franco
Pasadas as 10:30h desta mañá, a delegación europea chegou ao Pazo de Meirás e, con eles, un equipo informativo de Nós Televisión ao que se lle impediu ao acceso ao interior do Pazo de Meirás alegando que as gravacións no interior están prohibidas. Mentres, a delegación participa nunha visita guiada dirixida pola propia Fundación Francisco Franco e acompañaza de tres vixiantes que impiden a toma de imaxes.
Bustos, numerosas fotografías e cadros amosan, no interior do pazo, un escenario que resulta un auténtico museo do franquismo. A cidadanía galega terá, pois, que seguir agardando para poder ver cos seus propios ollos o que dentro do Pazo hai.
As polémicas estatuas do Mestre Mateo
Unha presenza chamativa e nun lugar de honra no interior do pazo. As polémicas estatuas usurpadas á veciñanza de Santiago volveron ao Pazo de Meirás. A unanimidade social non impediu que as estatuas volveran á propiedade dos Franco que, de novo, alardean publicamente da posesión. “A familia Franco sempre se presta a colaborar e expor as estatuas” afirmaban durante a visita ao tempo que rexeitaban que a propiedade das estatuas fora de Compostela ou do Pórtico da Gloria.
Unha das estatuas usurpadas á veciñanza de Santiago, no interior do Pazo de Meirás pic.twitter.com/l29dF68gs8
— Nós Televisión (@NosTelevision) 4 de mayo de 2018