O audiovisual non deixa de reinventarse. Cando parecía que as emisións televisivas tocaban o seu “teito de cristal” coa retransmisión en Alta Definición, o sector volve innovar presentando a UHD —Ultra High Definition—. Este novo formato comeza emitir hoxe na comarca de Santiago de Compostela cunha canle de probas do grupo RTVE, en colaboración con Televés.
A primeira canle de UHD emitirá en bucle un documental sobre a cidade
Este período de emisión en probas durará alomenos seis meses, un tempo no que Televés realizará diferentes tests de cara ao seu futuro uso comercial. A primeira canle de Ultra HD da contorna retransmitirá en bucle un documental sobre o patrimonio monumental da cidade.
Televés, unha empresa galega con “vocación global”
O director xeral de Televés, Santiago Rey, puxo en valor o raizame da compañía, que comezou “fabricando antenas nun garaxe de Santiago” e acabou por converterse nunha empresa de telecomunicacións punteira a nivel mundial. Hogano, Televés conta con delegacións en China, Alemaña, Italia ou Estados Unidos. Santiago Rey afirma que a compañía é “santiaguesa e galega”, pero con “vocación global”.