Home Programas Área Compostela Xan Duro reafirma que o goberno “cumpre a lei” a diferenza de gobernos anteriores

Xan Duro reafirma que o goberno “cumpre a lei” a diferenza de gobernos anteriores

0
Xan Duro reafirma que o goberno “cumpre a lei” a diferenza de gobernos anteriores

O concelleiro de medioambiente e convivencia, Xan Duro, acudiu esta mañá á rolda de prensa co obxectivo de dar resposta ás recentes acusacións de Sánchez-Brunete en relación co expediente da Sala Malatesta. O edil explicou á prensa a cronoloxía pormenorizada do proceso e indicou que o Goberno “cumpriu a lexislación en todo momento”.

[vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=COkIj6kxR5I&feature=youtu.be”]

En relación aos aforos e os seus perigos, Xan Duro insistiu en que o aforo de “100 persoas” colocouse, no seu día, como medida preventiva antes de facer a inspección, que tivo lugar o día 13 de xaneiro. Segundo o concelleiro “a situación grave e de risco” da que falaba no día de onte Brunete, “non existe”. Para concluír, o edil explicou que desde o seu partido pídese “ética polas compañeiras e compañeiros da Corporación e por determinados medios de comunicación”.

“Este goberno cumpre a Lei e eu non sei se o PP facía o mesmo ou non”

Xan Duro