Home Programas Área Compostela O CGAG acolle á cativada que celebra o Día Mundial da Poesía

O CGAG acolle á cativada que celebra o Día Mundial da Poesía

0
O CGAG acolle á cativada que celebra o Día Mundial da Poesía

O día 21 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Poesía. Nesta ocasión, a data adícase a Miguel Hernández, en coincidencia co 75 cabodano do poeta de Orihuela morto na cadea de Alicante. O Concello de Santiago de Compostela, desde as concellerías de Acción Cultural e de Educación e Cidadanía, fixeron un chamamento ao profesorado dos centros educativos e á cidadanía para reivindicar esta data. É por isto que hoxe, ás 11:15 da mañá, celebrouse no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea un encontro con rapaces e rapazas de primaria e da ESO.

O obxectivo foi achegar ás cativas e cativos a palabra e a música a través da poesía. No acto estiveron presentes, tamén, as e os poetas María do Cebreiro, Rosalía Fernández, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade e Alba Cid. Todas e todos eles recitaron un poema propio e outro pertencente á obra de Miguel Hernández.

Tras isto, tivo lugar o concerto didáctico “Tristes guerras”, que comprende diversas cancións. Para rematar, procedeuse á lectura poética por parte dunha representación do alumnado asistente. A data institucionalizada pola UNESCO en 1999 pretende, entre outras cousas “soster a diversidade dos idiomas por medio da expresión poética”.