O voceiro do grupo En Marea, Luís Villares, cuestiona a utilidade da comisión de estudo dos incendios impulsada no Parlamento galego. A coalición de esquerdas denuncia a “inacción” da Xunta de Galicia ante a contaminación das augas por mor das cinzas da pasada vaga de lumes, unha cuestión da que xa advertía En Marea e instaba ó goberno de Núñez Feijóo a actuar con celeridade.
Agora estamos padecendo as consecuencias da nula xestión da Xunta de Galicia
Primeiro foron os montes e agora a contaminación dos ríos. @VillaresLuis denuncia a “inacción” da Xunta de Galicia ante a contaminación das augas por mor das cinzas pic.twitter.com/Nd81FEQW9S
— Nós Televisión (@NosTelevision) 11 de diciembre de 2017
Cómpre lembrar tamén que En Marea denunciara recentemente a exclusión desta organización da Mesa desta comisión para o estudo das reformas de política forestal
Era visto! Primeiro os montes e agora os ríos e rías: a catástrofe incendiaria non rematou, mais as TV xa marcharon… #lumesnuncamais pic.twitter.com/Brc17WQg6T
— ADEGA (@ADEGAgz) 10 de diciembre de 2017