Home Espazo Aberto Medio ambiente Unións Agrarias denuncia o uso electoralista dunha carta enviada por Medio Rural ao sector agrogandeiro

Unións Agrarias denuncia o uso electoralista dunha carta enviada por Medio Rural ao sector agrogandeiro

0
Unións Agrarias denuncia o uso electoralista dunha carta enviada por Medio Rural ao sector agrogandeiro

Unións Agrarias denuncia “electorialismo” na carta que o conselleiro de Medio Rural, José González, enviou ás persoas do sector agrogandeiro beneficiarias das axudas da Medida 10 do PDR de Galicia. Na misiva, o conselleiro comunica que van a seguir percibindo estas axudas prorrogadas no ano 2020, para desmentir as afirmacións de “organizacións que afirmaron que estas axudas ían desaparecer en 2020, pero esa información non é veraz”.

Dende o sindicato lembran que estas axudas si desapareceran do anteproxecto de orzamentos de Galicia para o ano 2020 e que, tras as protestas, o Goberno tan só prorrogou as axudas. “O Conselleiro de Medio Rural pretende nesta nota propagandística agachar a súa actuación na supresión das axudas europeas á gandería de montaña e a de zonas desfavorecidas ademáis de deixar no ar as Medidas de Agroambiente e Clima para os anos 2021 e 2022, confiando nunha solución que poida dar a Comisión Europea nos próximos anos, pero téndose negado a garantir a súa continuidade na prórroga do actual PDR 2014-2020 enviada a Bruxelas o pasado mes de decembro, tal e como lle pediu Unións Agrarias”, sinalan nun comunicado enviado a prensa. “A última vez que a Consellería do Medio Rural aplicou esta fórmula de fiar a modificacións normativas da UE unha solución transitoria para a prórroga das axudas, resultou na imposibilidade do pago destas axudas nos anos 2015 e 2016”.

A breve carta do Conselleiro remata cunha inédita petición persoal aos recipientes da mesma, para que lle subministren os seus datos persoais de contacto, correo electrónico e teléfono móbil, a fin de “manter con vostede unha comunicación máis fluída”. Saltándose a normativa actual europea de protección de datos.

“Resulta completamente intolerable tanto o fondo como as formas empregadas na carta dirixida aos produtores desde a Consellería. Emprega fondos públicos para unha campaña de propaganda que esparexe medias verdades, co ánimo de por en cuestión o papel constitucional das organizacións agrarias como representantes de gandeiros e agricultores, a súa capacidade e a súa veracidade”.  Unións Agrarias xa deu traslado a Axencia Española de Protección de Datos unha copia da misiva para que comprobe se a solicitude información persoal que se traslada aos produtores por parte da Consellería de Medio Rural na mesma incumpre a legalidade que contempla a norma.