Os medios de comunicación pública cataláns, TV3, Catalunya Ràdio e a Agència Catalana de Notícies (ACN) veñen de emitir un manifesto público ante a ameaza de intervención por parte do goberno español dos medios cataláns.
A ameaza de intervención supón un ataque directo á cidadanía
Dani Penín, galego e traballador en TV3, foi o encargado de dar lectura ao manifesto que rexeita a “inxerencia é inaceptábel” que supón un control gobernamental que “secuestra a liberdade de prensa”
Manifesto de TV3, Catalunya Ràdio e a ACN diante da ameaza de intervención dos medios públicos catalans
Os medios de comunicación públicos TV3 e Catalunya Radio naceron en mil novecentos oitenta e tres (1983) por mandato de todas as forzas políticas presentes no Parlament de Catalunya, a institución onde se expresa a vontade da cidadanía á que servimos desde entón.
Desde Catalunya e mais en catalán, polo tanto, desde hai trinta e catro anos (34) explicamos o que ocorre aquí e no resto do mundo procurando a máxima pluralidade e veracidade, feito que nos converteu en referentes no ámbito informativo e no de entretemento de calidade, e en líderes de audiencia e credibilidade.
A ameaza de intervención dos medios públicos cataláns, incluída a ACN (Axencia Catalá de Noticies), por parte do goberno español supón un ataque directo á cidadanía e vulnera o seu dereito a recibir unha información veraz, obxectiva, plural e equilibrada, un dos dereitos fundamentais de calquera democracia.
Soamente o feito de que un goberno pretenda interferir e controlar o funcionamento destes medios é unha proba da súa vontade de involución. O control gobernamental secuestra a liberdade de prensa.
Esa inxerencia é inaceptábel na Europa democrática e dinamita principios fundamentais da Unión Europea.