Home Programas Área Compostela O BNG denunciará no Parlamento persecución policial a activistas

O BNG denunciará no Parlamento persecución policial a activistas

0
O BNG denunciará no Parlamento persecución policial a activistas

O BNG denunciará no Parlamento o acoso e persecución que veñen padecendo, segundo aseguraron, activistas galegos.

Denuncian que o foi sindicalista  “retido, reducido e cacheado” pola Policía baixo a escusa dunha sanción de tráfico

Como un exemplo presentaron o caso de Renato Núñez que hai uns meses estivo retido por membros do Corpo da Policia Nacional por aparcar incorrectamente nos arredores do Hospital Clínico e foi denunciado por estes, logo de rexistrar o vehículo, por levar unha pota no maleteiro. Luis Bará e Montse Prado, deputados nacionalistas, acompañaron a Renato Núñez na comparecencia en rolda de prensa.

Nós Televisión conversara recentemente co propio Renato Núñez

Segundo o sindicalista en todos estes anos non hai constancia de que ningún axente da policia española fora expedientado ou retirado do servizo malia as numerosas denuncias presentadas por persoas de moitos colectivos que padeceron semellantes situacións ás que comentou agora á prensa.

http://nostelevision.gal/persecucion-acoso-policial-sindicalista-da-cig/