Especialistas internacionais falan do proxecto europeo “Smarter Together” en Compostela

Santiago acolle unhas xornadas de traballo do proxecto Smarter Together

Especialistas internacionais de varios países explican estes día o proxecto europeo “Smarter Together” en Compostela. O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís acolle unhas xornadas na que participan representantes de Viena, Lyon e Munich nas que xa está implantado, e Compostela, Sofía e Venecia, seguidoras do mesmo. O representante vienés Bojan-Ilija Schanabl explicounos a internacionalización do proxecto e a experiencia de Viena.

Xuntos somos máis intelixentes 

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, explicou que este proxecto procura en Compostela medidas de eficiencia enerxética para a redución de emisións contaminantes.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Máis presenza municipal

Na inauguración tamén estiveron presentes o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -