Home Espazo Aberto Cultura The Homens volve aos escenarios: primeira parada, o Grelo Folc de Monfero

The Homens volve aos escenarios: primeira parada, o Grelo Folc de Monfero

0
The Homens volve aos escenarios: primeira parada, o Grelo Folc de Monfero

Un dos grupos máis emblemáticos do pop galego, The Homens, anunciou esta semana a súa volta aos escenarios. “Non sabemos o que vai durar, canto nos van cundir o fol e as ganas, nin se quedaremos a medio camiño”, advirten. O que está ben claro é que a súa primeira parada vai estar no concello de Monfero o sábado da semana que vén, para celebrar o vinte aniversario do Grelo Folc de Monfero.

O festival, situado nun dos mellores escenarios en Galicia, o mosteiro de Monfero, contará coas actuacións dos Feroces da Galgueira e a Banda Xangai, ademais de The Homens, a partir das 21 horas.