Home Espazo Aberto Cultura Tanxugueiras lanza o seu novo single ‘Midas’, un xiro cara o trap e a electrónica

Tanxugueiras lanza o seu novo single ‘Midas’, un xiro cara o trap e a electrónica

0
Tanxugueiras lanza o seu novo single ‘Midas’, un xiro cara o trap e a electrónica

Con forza e poder, Tanxugueiras regresa co seu novo single ‘Midas‘ que acaban de estrear ás 00 horas deste 5 de febreiro. Con este novo tema, dan un xiro cara a fusión con estilos máis urbanos, próximos ao trap ou a electrónica, un camiño iniciado co seu anterior traballo que xa compartiran ante as cámaras de Nós Televisión.

“​Midas é o tema que, neste momento, queremos facer, na procura dunha sonoridade moi persoal, moi nosa, sen controversias e sen prexuízos. Este ​Midas é Tanxugueiras: somos tres mulleres empoderadas que saben de onde veñen e o que queren. E quen escoite o single, escoitará ritmos urbanos, un sonido moi moderno, pero recoñecerá a base da música tradicional, tan da terra, tan rítmica. Tan nosa”, apuntan as cantareiras.

“Estamos moi contentas con este novo single. ​Midas ​é un tema contundente, poderoso e con moito carácter no que levamos traballando moito tempo. Con el chegamos a un extremo da nosa sonoridade ao que non chegáramos até o de agora e que, por suposto, seguiremos explorando”, sinalan Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro.