O Consello da Cultura Galega publica a visita guiada á exposición ‘Afonso X e Galicia’

O profesor e comisario da exposición ‘Afonso X e Galicia‘, Antoni Rossell, acompáñanos neste vídeo para mostrarnos o concepto e contidos da mostra que estará ata o 25 de abril na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.

- Publicidade -

A exposición, impulsada polo Consello da Cultura Galega, ofrece un percorrido pola faceta máis humana de Afonso X e tamén pola moderna concepción do seu proxecto político, a universidalidade e a aposta decidida pola cultura en xeral e a lingua galega.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego