Home Programas Área Compostela Smartiago: A cidade camiña cara a vangarda da innovación

Smartiago: A cidade camiña cara a vangarda da innovación

0
Smartiago: A cidade camiña cara a vangarda da innovación

Compostela estará na vangarda da innovación os vindeiros anos. O Concello desenvolverá a partir de 2018 o proxecto ‘Smartiago’, que pretende mellorar a eficiencia enerxética e cambiar o modelo produtivo da cidade. Este plan conta con dúas fases, de catro anos de duración cada unha. Na primeira, executaranse as investigacións pertinentes sobre a viabilidade dos proxectos e, de ser aprobados, levaríase a cabo a segunda parte, na que o Concello se encargaría de poñelos en funcionamento na cidade entre 2022 e 2026.

Apostamos pola sustentabilidade ambiental e a conservación do patrimonio

Compostela é pioneira na captación de fondos europeos destinados ao fomento da compra pública innovadora

As principais liñas

A proposta ten tres liñas fundamentais: a xestión sostible do lixo da cidade, un plan de mobilidade mellorado que evite danos no casco histórico e un sistema de alumeado ornamental intelixente que diminúa o gasto enerxético e controle a proliferación de axentes coma os fungos que afectan á pedra. Esta última atópase en fase teórica e aínda non se puxo en funcionamento en ningunha cidade do mundo, polo que o Concello proponse avaliar a súa viabilidade a través desta oferta pública de proxectos de I+D+i á que poderá optar calquera empresa ou investigadora.

A fase inicial do proxecto está financiada nun 80% por fondos europeos, unha contía de preto de cinco millóns de euros. A Axencia Galega de Innovación aportará outros 600.000 euros, ao igual que o Concello. No caso de aprobarse a segunda fase, o Concello investiría seis millóns de euros adicionais.