Área Central continúa a súa reconversión cara un espazo diferenciado e baseado nunha ampla oferta de tendas outlet. Neste proceso de dinamización, o emblemático centro comercial está a procurar novos promotores que decidan apostar por Área Central. A última incorporación foi a de Amazing Outlet, que actúa como proveedor do xigante multinacional Amazon.
Faltan dúas semanas
Amazing Outlet, ideado por José Ramón García, é un negocio punteiro en electrónica, informática e telefonía. O recoñecido empresario compostelán segue a afianzar vínculos con Amazon coa apertura desta nova tenda que se ubicará na esquina verde de Área Central. Amazing Outlet abrirá para o público en dúas semanas.
Este negocio xerará, de entrada, catro postos de traballo, pero o seu promotor confía en poder incrementala se a demanda é moi alta.