Home Programas Área Compostela Roteiros polos parques de Compostela para conmemorar o Día dos Bosques

Roteiros polos parques de Compostela para conmemorar o Día dos Bosques

0
Roteiros polos parques de Compostela para conmemorar o Día dos Bosques
Alameda de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago conmemora o Día Internacional dos Bosques, que se celebra este mércores 21 de marzo, cun amplo programa de actividades dirixidas aos valores do civismo e o ecoloxismo. A actividade central consistirá na plantación de 254 árbores autóctonas nunha parcela Lamas de Abade na que o Concello retirara eucaliptos que supuñan un risco ambiental para a contorna. O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, fai fincapé na importancia de potenciar a vexetación local.

Compostela conta con preto de cinco millóns de metros cadrados de zonas verdes, moi por riba das recomendacións da OMS. Emporiso, o Museo de Historia Natural da USC organizará tres roteiros temáticos para coñecer o patrimonio vexetal de Vista Alegre, a Alameda, a cidade histórica e Bonaval.

Un dos principais obxectivos desta campaña é concienciar á cativada da importancia das árbores na cidade, para o que se impulsará un “plan de sensibilización ambiental” dirixido ao alumnado de Educación Primaria. O programa completo de actividades polo Día dos Bosques pode consultarse no portal web do Concello de Santiago.

Programa completo de actividades