Home Programas Área Compostela Noriega resta importancia ao incidente de Paula Quinteiro coa Policía Local

Noriega resta importancia ao incidente de Paula Quinteiro coa Policía Local

0
Noriega resta importancia ao incidente de Paula Quinteiro coa Policía Local

Na madrugada do pasado sábado, a deputada de En Marea Paula Quinteiro viuse envolta nunha disputa coa Policía local de Compostela cando as axentes realizaban un control após recibir unha denuncia por vandalismo. Segundo recolle o atestado policial, Quinteiro tería tentado “impedir” a identificación dun mozo “exhibindo unha tarxeta parlamentaria” e “dificultando” a actuación da Policía.

O alcalde cre a versión da Deputada e tampouco dubida que a Policía local fixese “ben” o seu traballo

Paula di que só pretendía mediar e eu a creo

Porén, a deputada desminte tales acusacións e asegura ter exercido como “mediadora” no conflito debido á actitude “desmedida e violenta” dun dos axentes. Este mércores, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quixo restar importancia a este incidente  alegando que, segundo puido coñecer pola dirección da Policía local, tratouse dunha “incidencia menor” na que Quinteiro unicamente pretendía “mediar”, sen dubidar que as axentes tivesen feito “ben” o seu traballo.

A inmediata reacción do PP

Queremos saber se Villares respalda á deputada

Nunha liña totalmente oposta se manifestou esta mesma mañá dun Partido Popular que, a través dunhas declaracións de Miguel Tellado, esixiu explicacións a Luís Villares polo comportamento de Quinteiro.

Tellado denunciou que se trata dun caso “ moi grave de utilización de prerrogativas parlamentarias para impedir unha identificación policial”