Repil, a última gran batalla dos guerrilleiros en Galicia

Unha reportaxe do colectivo audiovisual Lentes Diverxentes

Na tarde do 20 de abril de 1949 unha batalla en Repil, na Pobra do Brollón, marca o inicio do fin da Guerrilla en Galicia.

Un roteiro arqueolóxico permitirá reconstruír que ocorreu na chamada Casa do Facha, lugar de morte, onde se refuxiaban cinco guerrilleiros. Percorreremos o camiño da fuxida de Fermín Gutiérrez Lada Segura, que conseguiu escapar ata a parroquia de Cereixa e a relación deste lugar con San Lourenzo e co castro que leva o seu nome.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -