As entrevistas cárgaas o demo. Ou algo así debeu pensar Íñigo Errejón logo de que unhas declaracións súas a Telemadrid nas que manifestaba que Podemos non pensaba facer unha revisión histórica do réxime do 78 tiveran contestación virtual a través dun chío da deputada de En Marea, Alexandra Fernández disconforme con ese prantexamento. Falamos con Carmen Santos sobre este asunto.
É unha polémica incitada polos medios
“Os partidos do bipartidismo saben que estamos diante dun punto de non retorno, ese é o noso consenso”
A Secretaria Xeral de Podemos Galicia asegura que non importa o temo a empregar para definir a proposta do seu partido, o que importa é dar resposta á sociedade que tenta controlar o bipartidismo histórico. Carmen Santos apunta que o que temen os partidos que gobernaron con alternacia nestes últimos corenta anos é que nada mude, algo contra o que en Podemos en as mareas están de acordo.