“En Galiza non hai políticas culturais, hai política coa cultura”

Jorge Linheira é o autor do libro 'La cultura como reserva india', un estudo sobre as políticas culturais en Galiza desde o ano 1981

Defínese como “axitador contracultura” e analiza a existencia (ou máis ben, a non existencia) de políticas culturais galegas desde 1981 ata a actualidade.

La cultura como reserva india  trátase dun libro publicado tras completar unha campaña de crowdfunding no que se analiza o marco político e institucional e os conflitos identitarios e lingüísticos. No libro vense reflexadas as horas e horas de entrevistas con diferentes actores do ecosistema cultural galego: dos megaproxectos culturais como a Cidade da Cultura ata a catástrofe do Prestige e o fenómeno Burla Negra.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego