Home Programas Espazo Aberto Por que é tan importante a educación social na loita contra a COVID-19?

Por que é tan importante a educación social na loita contra a COVID-19?

0
Por que é tan importante a educación social na loita contra a COVID-19?

Antes da expansión do coronavirus entre as persoas, as educadoras sociais estaban en pé de loita en Galiza. O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) levan anos reivindicando o recoñecemento da súa profesión e unha lei galega que garanta o dereito a recibir unha correcta educación social para o desenvolvemento das persoas. Nestes momentos de urxencia sanitaria e crise social, esas eivas son máis evidentes para o Ceesg. Por que é tan importante a educación social na loita contra a COVID-19?

No seguinte vídeo, a secretaria do Colexio, Rocío Núñez, coloca a educación social como unha profesión que podería actuar e axudar en dous sectores fortemente marcados pola crise: a sanidade e o ensino.