O Sindicato Labrego Galego vén de denunciar á empresa Reny Picot por unha práctica “que roza a fraude” por ofrecerlle ás granzas que lle abastecen de leites novos contratos por tres meses. Isto, para a central sindical agraria, significa: “extorsión das industrias ás granxas aproveitándose da súa posición de dominio na cadea de valor”.

Ademais, segundo denuncia o SLG, a empresa está avisando da posibilidade de que, ao pasar estes tres meses, sexa probable que haxa que baixar os prezos nos novos contratos que se fagan a partir de entón. “Daquela, é doado sospeitar que Reny Picot está a forzar contratos de tres meses e non dun ano, como obriga a lei, para poder baixar o prezo despois e aforrarse as marxes de nove meses que debería pagar aos prezos actuais se asinase contratos de un ano”, sosteñen.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Este cambio de actitude de Reny Picot coincide co estoupido da crise polo COVID19, xa que os contratos que estaba asinando antes da emerxencia sanitaria estaban a ser por períodos de un ano.”Parece que coa escusa de garantir o acceso á alimentación da cidadanía as industrias lácteas queren facer o seu agosto, pois esta nova coincide con outras como a baixada de prezos que se está a impoñer no leite ecolóxico. Trátase de feitos inadmisibles nun contexto, como o actual, no que se disparou a demanda e no que a industria láctea no dá abasto, tal como acontece con determinadas empresas que viron incrementada a demanda de leite, aumentando a frecuencia do transporte e dobrando quendas; ou demandando novas explotacións para garantir a produción”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -