Primeiro foi Compostela. Pontevedra un exemplo internacional. Agora, A Coruña engorda a listaxe de concellos galegos que contan co seu casco histórico peonil.
A devolución dos entornos urbanos á cidadanía a través da peonalización de certos espazos é un fenómeno imparable. Grandes urbes de todo o mundo entre as que figuran Londres, París ou Nova Iorque testaron con éxito experiencias de reducción de vehículos en determinadas zonas. A Coruña vai nesa liña e iniciou a primeira fase do seu plan de revitalización da Cidade Vella.
Un proceso participativo
A Coruña vai nesa liña e iniciou a primeira fase do seu plan de revitalización da Cidade Vella
Comerciantes e veciñanza tamén participan, como principais usuarios, desta iniciativa. Coa ollada posta noutras experiencias recoñecen as dificultades dun proceso de mudanza nas súas rutinas.
O concello preveu que a Policía Local controle os accesos de vehículos na Cidade Vella. Nesa zona só poderán circular e parar durante un máximo de 15 minutos os 800 automóbiles autorizados co seu respectivo distintivo.