O Concello de Santiago aprobou hoxe en Xunta de Goberno iniciar os trámites para a construción da futura “Cidade da Raqueta” de San Lázaro, nunha parcela próxima ao estadio da SD Compostela. O Goberno local insta á Xunta de Galicia a comezar a avaliación ambiental, un proceso que non se demorará máis de tres meses.
Outros asuntos
Por outra banda, a Xunta de Goberno comezou hoxe o procedemento de adxudicación e instalación de nova sinaléctica no rural, unha das propostas gañadoras dos orzamentos participativos. O Concello deu conta tamén da licitación de dous contratos de limpeza e mantemento en viarios e parcelas municipais.
Así e todo, anunciouse que o orzamento destinado á programación das festas do Apóstolo superará os 650.000 euros. Nas vindeiras datas, a concellaría de Acción Cultural ofrecerá máis información ao respecto.