
O Partido Animalista PACMA comparecerá como acusación popular na causa aberta contra o cazador de Chantada que, segundo trascendeu, disparou e bateu a unha cadela este sábado. O caso saíu á luz logo de que unha persoa escoitara o disparo, perseguira ao acusado e chamase á Garda Civil. Ante isto, PACMA lanza unha recollida de sinaturas para esixir ao goberno español un endurecemento do Código Penal nos delitos por maltrato animal e convoca unha concentración de repulsa para este martes, 3 de decembro, en Vigo. “En PACMA defendemos a prohibición da caza e consideramos que persoas como a que protagoniza estas imaxes son un risco para a sociedade”, sostén Laura Duarte, voceira de PACMA.
El maltratador de Chantada, que disparó, apaleó y arrastró moribunda a su perra, podría no entrar en prisión. Llevamos años reclamando penas más duras por maltrato animal.
Se lo vamos a exigir al futuro Gobierno. Firma ahora #MaltratadoresALaCárcel https://t.co/JnuYIqTQK5
— Laura Duarte (@lau_duart) December 2, 2019