Home Programas Área Compostela Os Orzamentos participativos crecen un 36% este ano

Os Orzamentos participativos crecen un 36% este ano

0
Os Orzamentos participativos crecen un 36% este ano

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi o proceso de orzamentos participativos para 2018. Nesta edición incorpóranse varias novidades como un maior orzamento, pásase dos 1,1 millóns de euros dedicados no 2017 aos 1,5 millóns de euros para esta nova edición, e atendéronse as demandas veciñais como desdobrar o rural en norte e sur.

María Rozas sinalou que precisamente no rural foi onde esta proposta tivo unha maior participación


Os orzamentos participativos para o 2018 tamén contarán coa área Urbana Norte (que inclúe os barrios de Vite, Basquiños, San Caetano, Salgueiriños, Meixonfrío e Guadalupe) e Urbana Sur (Conxo, Santa Marta e Vidán). Por último María Rozas informaou que se mantén unha partida destinada aos investimentos no conxunto da cidade que este ano contará con 400.000 euros.