As catro formacións políticas con representación no concello de Santiago fixeron hoxe unha primeira valoración dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017, e das partidas que destinan a Santiago. A única valoración positiva saíu do Partido Popular que se centrou na súa execución como tema fundamental. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega sentiuse “indignado” e afirmou non ter explicación para que non figuren compromisos adquiridos polo goberno español.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“Son inexplicables” Martiño Noriega, Alcalde de Santiago

Tanto o voceiro municipal do PsdeG-PSOE, Paco Reyes, como o voceiro do Bloque, Rubén Cela, criticaron duramente os Orzamentos Xerais do Estado para o 2017. Desde as filas socialistas critican o que consideran un “ninguneo” coa capital de Galicia. Pola súa banda, Rubén Cela denunciou que estes orzamentos son “malos e pésimos” e contan con eivas importantes.

[vc_text_separator title=”As valoracións dos partidos”]

A única voz que defendeu as contas do Estado para a cidade e para o país foi a de Alejandro Sánchez- Brunete, concelleiro do PP, que asegurou sentirse “moderadamente satisfeito” e defendeu esta idea argumentando que “aínda estamos a sair da crise”.

No concello tamén se falou dos orzamentos do Estado para Galiza que segundo presentou o ministro de Facenda español, prevén un investimento real de 924,54 millóns de euros, 442 millóns menos que nas contas de 2016.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -