A veciñanza pode este ano decidir en que se invistirán 1,5 millóns de euros de orzamento municipal.Son os chamados Orzamentos Participativos de 2018 que inician agora a súa ultima fase, a de votación, ata o día 15 de outubro.
As propostas pódense consultar en decide.santiagodecompostela.gal
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, informou en rolda de prensa, que este ano se dividirá en catro zonas a cidade e ademais escolleríanse as actividades para as festas do Apóstolo 2018 e a mocidade. A edil explicou tamén a maneira que ten a cidadanía para poder votar.
A concelleira de Economía e Facenda sinalou os intereses máis comúns das propostas presentadas. Na área que engloba todo o municipio hai propostas relacionadas co medio ambiente e co benestar animal, así como propostas vencelladas á mobilidade. Na zona norte, a poboación aposta por propostas relacionadas coa humanización de rúas, colocación de beirarrúas, parques biosaudables ou illas de compostaxe. No caso do rural norte, as propostas céntranse en parques biosaudables, mellora de espazos de ocio ou centros socioculturais, así como saneamento e abastecemento. No rural sur van máis enfocadas á construción de beirarrúas e á mellora nos equipamentos deportivos.
O luns vindeiro ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, celebrarase un obradoiro de carteis para aquelas persoas que teñan interese en promocionar as súas propostas. María Rozas informou que a participación medrou un 60% en relación ao anos anterior.