Home Programas Área Compostela Medra a implicación cidadá nos Orzamentos Participativos

Medra a implicación cidadá nos Orzamentos Participativos

1
Medra a implicación cidadá nos Orzamentos Participativos

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, explicou hoxe en rolda d eprensa os resultados da segunda fase do proceso de Orzamentos Participativos do 2018. A edil explicou que houbo un forte incremento da participación por ser un proceso máis coñecido.

Nesta fase de validación das propostas presentadas, mediante o apoio presencial ou telemático das persoas participantes, rematou cunha listaxe de 140 propostas. Os apoios acadados en total case chegan aos 5.000.

María Rozas indicou que agora virí a fase de viabilidade técnica de cara á votación, que comezará o 22 de setembro e se estenderá ata o 13 de outubro.

As propostas máis apoiadas

Entre as propostas máis apoiadas en cada área atópanse un bus urbano nocturno durante as festas do Apóstolo, a realización do Compostela Swing Festival, feminismo para a mocidade, actividades con cans, a construción dun carril bici en Chaián, unha piscina pública cuberta na zona sur, parques biosaudables nas parroquias, acondicionamento do CSC de Enfesta, espazos de ocio cubertos nas parroquias, rehabilitación das fontes de Aldrei e A Susana, rehabilitación de zonas relacionadas co Camiño Inglés.

Non houbo fraude

Ante as dúbidas plasmadas ao longo desta semana, a edil quixo resaltar que “non houbo fuga de datos cara fóra nin houbo ningún fraude” pois o sistema de seguridade da plataforma garante un protocolo de comprobación de identidade acaído e que no caso de detertar erros, supoía a “anulación dos votos”