Os CSC composteláns celebran o verán con teatro, circo e “circuítos saudábeis”

A vindeira semana celebrarase no Principal a II Mostra de Teatro

Chega o verán e os Centros Cívicos de Santiago de Compostela danlle a benvida cun amplo programa de actividades. Entre o 25 e o 30 de xuño, o Teatro Principal será o escenario da II Mostra de Teatro organizada polos CSC da cidade. Este evento permitirá abrir as portas dun espazo “emblemático” aos grupos de teatro afeccionado xurdidos na capital galega.

Asemade, organizaranse ao longo do mes de xullo os “circuítos saudábeis”, unhas camiñadas de entre 10 e 15 quilómetros de distancia que convidarán a coñecer as diferentes entradas do Camiño de Santiago. Haberá tamén “pedaladas” en bicicleta os días 11, 18 e 31 de xullo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Circo nos parques da cidade

Por outra banda, os parques próximos aos Centros Cívicos que participan deste programa converteranse en pequenos circos da man da compañía Circo Chosco. Esta iniciativa levarase a cabo entre o 11 e o 23 de xullo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -